As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Consellería do Mar pon a disposición dos usuarios de internet.
A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
A Consellería do Mar non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Consellería do Mar non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Consellería do Mar resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.
Condicións de usoAs presentes condicións regulan o uso da bolsa de emprego do Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico, tanto para as entidades que publiquen ofertas de emprego como para os candidatos.Normas de uso para as entidades ofertantesA continuación descríbense as normas de uso para as entidades que publiquen unha oferta na bolsa de emprego do Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico. As ofertas estarán publicadas na web durante un prazo de XXXX ou ata que a entidade retire a oferta.
A continuación descríbense as normas de uso para as persoas candidatas que se inscriban como demandantes de emprego e se inscriban ás ofertas publicadas na bolsa de emprego do Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico.
1. Veracidade da informaciónA información que se facilite tanto nos datos solicitados para a alta como persoa usuaria, coma no CV e, no seu caso, a información complementaria que achegues, ten que ser verídica. Todas as solicitudes de alta de persoa demandante de emprego serán revisadas previamente á concesión do usuario. No caso de que se detecte falsidade na información aportada, a conta pode ser suspendida.Non está permitida a inclusión de ningún contido que non sexa en relación co currículo aportado. Non se deberán incluír datos relativos á saúde, orientación ou vida sexual, orixe étnico, opinións políticas ou afiliación sindical.Os datos incorporados no CV deben ser os expresamente relacionados coa túa formación e, no seu caso, coa túa experiencia profesional.
2. Bo uso do portalDeberás empregar unha linguaxe apropiada e tratar ás persoas usuarias do Portal co debido respecto. Protexe as túas credenciais de acceso e non llas comuniques a un terceiro baixo ningunha circunstancia.
O uso deste portal restrínxese exclusivamente á busca de emprego, quedando terminantemente prohibido o acceso ou uso do portal con outros fins.
3. Responsabilidade do Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico e as persoas candidatasO Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico non intervén en ningún caso nos procedementos de selección. Como persoa usuaria asumirás exclusivamente a responsabilidade de ter proporcionado información ou realizado actividades en contra da normativa vixente, así como todos os danos e prexuízos que se puidesen derivar, eximindo de calquera responsabilidade ao Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico.